Como pedra que moe no muiño
vamos fartos da terra labrar
deixo a terra por outro camiño
deixo a vida polo imenso mar
De entre o orvallo pola mañanciña
a s****te semella agromar
fria terra que estraga unha vida
mariñeiro non há de voltar
Se voltasen aqui os mariñeiros
a esta terra para folgos tomar
preguntaille polo compañeiro
xa veredes que há de respostar
Nos ficamos na noite coa luita
xa deixamos as bagoas no mar
vamos cansos de andar entre as ondas
terra nosa que há que libertar
Emigrante galego que escoitas
volta a casa que te viu marchar
que desde ela o teu povo comeza a berrar
Do mar terra adentro con sangue e suor
os puños erguidos do traballador
baten nos cimentos do estado opresor
orgullo dun pobo!
vamos fartos da terra labrar
deixo a terra por outro camiño
deixo a vida polo imenso mar
De entre o orvallo pola mañanciña
a s****te semella agromar
fria terra que estraga unha vida
mariñeiro non há de voltar
Se voltasen aqui os mariñeiros
a esta terra para folgos tomar
preguntaille polo compañeiro
xa veredes que há de respostar
Nos ficamos na noite coa luita
xa deixamos as bagoas no mar
vamos cansos de andar entre as ondas
terra nosa que há que libertar
Emigrante galego que escoitas
volta a casa que te viu marchar
que desde ela o teu povo comeza a berrar
Do mar terra adentro con sangue e suor
os puños erguidos do traballador
baten nos cimentos do estado opresor
orgullo dun pobo!