.

Concordias de papel Lyrics

Gardo cicatrices no faiado para queimar
Sabendo que é posíbel que retomen sen chamar
Mais non penso en trincheiras, canón,
Granadas nen fusil
Renuncio a máis defensas, vivo nun eterno abril
Berro se me berran, non escondo a miña voz
Vendo amor á terra e carne crúa para o feroz
Aquel que cre que outra, outro ou eu han de calar
Impugno o testamento que me obriga a venerar
Eu xa non quero concordias de papel
Nin revoltas fatais sen caravel
Nin panexíricos despois da humillación
Nin paliativos en lugar de curacións
Xa non máis rendas de corcel
Nin días de cal, nin lúas de fel
Nin militar na adoración
Nin acatar máis silencios

Lembro días de guerra con c**pábeis e perdóns
Enriba dos xeonllos, sendo carne de canón
Mais vinlle a pel ao lobo, confesei, lin, resucitei
Non teño máis principio que matar antes que morrer
Report lyrics
Co xenio destrozado (2013)
Co xenio destrozado Milonga de aquí Canto aquí, canto na Habana Boto en falta unha ilusión- Sés Unha sombra de min Non se me ocorre Concordias de papel Se non podo ir a onde ti estás Algo que me anime Porco blues Rebelarse á conciencia Unha mañá de setembro