Vigo, xa teño estado eiquí noutro sitio
Vigo, verbo de mirar e non ver nada
Vigo sen vivir en min
Vigo Beirut en cada estoupido Líbano
Vigo: muller barbuda
Vigo, os dedos de fingers Yaveh tiñan artrose en pegada e ría
Vigo: placenta de maná centrífugo
(o nacemento de Vigo non é o Belén da Caixa d'Aforros)
Vigo, os pastores do Belén da Caixa d'Aforros de tan hebreos son sionistas
Vigo nazareno (o Cristo da Victoria era d'Ourense)
Vigo de grúas asombradas, Vigo: lumpen salitre, Vigo: bacallau
Vigo, en ti escarrancharon o desexo, os tranvías e os poetas épicos
Vigo: empanada de cebola
Vigo é un campamento de refuxiados en territorio ocupado
Vigo de vigueses, de viguesas, de portuguesas que fan o francés
Vigo: ourensáns, Vigo: chacho, Vigo: barato, barato
Vigo: peronismo de praias
Vigo, o Atlántico é unha piscina
Vigo quere dicir vosoutros non sodes nosoutros
Verso nº 20: Vigo está feito do menisco dun mamut