.

Romance da rufina Lyrics

-Hi, Rufina hermosa, ¿tí qué fás ahí...?
-Estóu gardando o gado; ben mo ves aquí.
-Hi, Rufina hermosa, ¿tí gardas o gado?
-Xa Dios me criou pra este traballo.
-Hi, Rufina hermosa, ¿queres vir comigo?
N´eses montes solacorreche peligro.
-¡Hi, Xesús divino! ¡quen tal me desea...!
Querer que se perda a facenda allea.
-Non che digo eso, nin tal como eso,
dígoche que veñas á tomar o fresco.
-A tomar o fresco non vou, nin irei;
vou gardar o gado, que o perderei.
-O gado, Rufina, non che dea cuidado;
que si tí o perden, eu irei buscalo.
-¡Hi, Xesús divino! ¿seica ves ufano...?
¡Con mangas de seda gardar o mei gado!
- Mangas e vestidos teño de romper,
Rufiniña hermosa por che dar placer.
-Vaite d´ahí, humano, non me deas pena,
que ha de vir meu amo traerme a merenda.
-E se ven teu amo, ¿en que te ocupaches?
veu un trobón d´auga, e que t´abrigaches.
-Sei contar verdá, eu mentir non sei,
vou gardar o gado, que o perderei.
-¡O que estás de bravo e d´impertinente...!
homes non son lobos que coman a xente.
-E se estóu de bravo, f**o moito ben;
que se estóu de bravo, todo me convén.
-¿Todo che convén? dígoche eu que non.
Linda, m´has de ter no teu corazón.
-Vaite d´ahí, "majo", non me deas tormento.
non te podo ter no meu pensamento.
-Xúroche, Rufina, á fé de quen son
que tí es miña hirmá, i-eu teu hirmáo son,
-Se tí es meu hirmáo, i-eu túa hrimá son,
de canto che dixen, pídoche perdón.
-Pídeme perdón; estache perdonado.
Dame a túa mao ponte d´acabalo.
- Xente de fuga
garde o meu gado
qu´ahí vai Rufina
co seu namorado.
Report lyrics