.

O Aradiño Lyrics

Labrado da miña mau
fixen coa miña navalla
un aradiño de pau.
Leva timón e chavella
e unha rella furadora
feita cunha lata vella.
Ten orelleira, rabela
tan luída e rematada
que mamola mirar pra ela.
O meu arado e tan feito
que pode incruso esfender
labradíos a barbeito.
Teño xa que darlle estreno
ó meu arado arador,
ó meu arado pequeno.
E non sei ónde hei de ir
buscar os bois que preciso,
buscar os bois pra xunguir.
Report lyrics
Fuxan os ventos (1976)
Fuxan Os Ventos O Lelo Cancion Para Escribir Maña Canto De Cego Labregos Irmaus No Escuro O Afiadore Compañeira Alala Da Pena Miña Mai O Aradiño O Lobo