Parvulitos para guays [Fraga, Cuíña, xabaguay / Mario Conde, GAL, Roldán]. Discoteca e disco-pub, [Disco-Pub Paradise]. (Shangri-La), xuventude no rural, fútbol, festa e mountain bike. Logo drógaste e voilá! Listo para ser [nai/ pai]. Lailolailo, lailolá. Romarías swimming pool... mein!, mein! (hoxe non... ¿por que non?... hoxe non). Ahhhhh... Quero wifi no Casal, cines en Pontodochán, R en Barcia, Ono en Quins... e en Vivenzo, party in the woods tonight! (Cita a la canción de The red telephone de Love del disco Forever Changes: "They're looking them up today, they're throwing away the key, I wonder who it'll be tomorrow: you or me? They're looking them up today, they're throwing away the key, I wonder who it'll be tomorrow: you or me?") Telefónica de merda, só temos medio mega. Monbús dos collóns, quitástenos o autobús. Quero chorar, só se aprende se se chora. Suárez Canal, vai tomar polo cú. E espero todo o inverno e espero todo o verán, e vén o ano que vén e o cambio ayayaya. Touriño estafoume, Quintana home claro... Feijóo, pero por dios! E penso cada día e cada noite que se sinte sendo o presidente de [todas / todos] as os galegas galegos e traballando a reo só para o establishment, para os xornais ("a versión en galego é unha tradución automática; se atopas algún erro envíanolo"), pra Madrid, un político loitando para gaña*** o pan: non pra medrar loitou Atila, non pra encher a xeladeira Washington, non Mahoma (non Mahoma). É de tolos, ¿quen di que non? Tés un eurovento alí, enriba de nós, ¿ves? Mola mogollón: pásalle o aire polo cú e convírteo en millóns. Limpo, fresco, claro, sae de aquí, de Quins, o combustible do fracaso, toxo, fento, atraso: somos monte e o demáis, nin caso. Se me cantas ti, eu paso; gústame durmir ao raso. Era o que faltaba: nin escravo, nin estado.