Nacín en Quins, concello de Melón, árbores, árbores, e cero botellón, xa sabes, só nas festas: orquestas, o CTK en racha, whiskey, ron e reggaetón. Non me gustaba o meu pobo, odiaba as rúas e todo, e todo o que había era pouco, rapazas: 0, cine: 0, fútbol: 0. Os domingos "Plásticos y Decibelios" (Morcheeba, The Verve, Bernard Butler...). Si, é o que hai cando os anuncios de concertos que ves son todos en Atlantic City ou no Imperio Coruñés; cando os Rolling viñeron a Vigo, Rajoy bailaba contigo contigo, e non comigo...Os días de verán son longos, máis ca o puto Telexornal das 2 (é dicir: a National Geographic e o Lonely Planet dos pijos urbanitas galegos que din, din, e vótanlle a Touriño). ¿Que significa renda baixa, aluguer, hipoteca, Froiz, Gadis, Día? Nada máis que márketing, nada máis que PRISA; queren que vivas en Quins, e teñas pisos e pisa... Fixeron a autovía, e así non teñen que baixar do coche nos pobos de provincias, e din: "Galicia, Galicia...Galicia..." cando é todo unha puta mentira: ¿ves un can no chan? Eso é Galiza. Putos nacionalistas, putos obradoiros de vela, de xabón, gústalle o bosque e disfrútano, gústalle a bici e o folk, hostia, non, pensa, pensa: é guay ser activista se se vive en Nova York, pero é que logo van e traballan de xornalistas, ou de médicos, de lingüístas ou poñen bombas con 2 litros de gasoil. Vai e pon una bomba na Xunta (e que bailen rock'n'roll), vai e pon 200 kilos de blabla no Monte Faraón e que as marmotas se convirtan en coágulos, vive sen móbil, fai unha choza nun bosque virxinal, renuncia á familia, á relación, aos fillos, a ese futuro normal... ¿ou que? ¿Todo é brlbrlbrl? Eu vou sachar, eu vou sachar, eu vou sachar, e cágome no Medio Rural... e os da cidade veñen: "ay, ay, ¡cuánto aire limpio! ¡Qué bello paisaje, qué lindos arbolitos!". Non pasa ningún día sen que mexe no millo, no medio desta aldea só che hai bostas e cirios...Ás noites, tranquilo. E sae o sol (non aquí). (Samplers: Gangs Starr)(Melón, Melón, é o lugar onde vivo; non hai sitio de OU máis preto de Vigo. Eu vou a O Carballiño, á vila e a Avión, mais pra min, Quins, Melón, o mellor). (Sampler: Tim Maia), (Sampler: Janine Turner. 2x05).