.

Capitán Araña Lyrics

Chantado no pupitre
Cos ollos na pizarra
Pensando nas túas cousas
E poñendo boa cara
Aturando ó compañeiro
Que che tira pelotiñas
E agardando que a campá
Te levante da silla
Mirando no reloxo
Que os minutos non pasan
Aturando a somnolencia
E ó mestre que non cala
Pensando na merenda
Argallando diversión

Desexando bailar pógo
Oíndo díscos de hard-core

Lamentando que no mundo
Xa non interesan
Mais que as cousas aburridas
Con que che inchan a cabeza
Miras para a ventá desesperado
E ves incrédulo
Que ven alguén voando
Capitán Araña (5x)
¡Chegou o defensor da rapazada!

Cada cinco días de escola
So un no que se traballa
Acabáronse os deberes
Que tes que facer na casa
Filmes de aventuras
Deseños animados
Cómics super heroes
E xogos inventados
Capitán araña (2x)

Comenzade a fedellar
Xa con novo compañeiro
Amigo de Xabarín
De Paulino e de Toxeiro
Só ou con outros
Compañeiros da tua panda
Preparaivos a flipar
Co Capitán araña

Capitán araña (4x)
¡Chegou o defensor da rapazada!
Report lyrics
A cantar con Xabarín, Volume II (1995)
Satélite Xabarín Non teño diñeiro O sacristán de Basán O home da bicicleta O porquiño Fixémola boa Ei, Xabarín Hoxe son un punk O can de Xan A vida no fuciño 100% animal Pistón Vimos do monte Os Galisáns O que fai falta é amor Superheroe Capitán Araña Andar de can Aniversario Xabaguai ¡Qué calor! Nunca mais Xabarín nas ondas do mar Os novos non deben namorarse