A treboada trae os malos augurios,
susurros que medran na escuridade,
e entre as árbores,
ánimas mortas.
Lembranzas que brotan das raices,
medos que lembran males,
males que fan tremela terra,
camiños que te levan ó fin.
A derradeira viaxe avanza
cara ó esquencemento e a desesperanza,
e ten o poder de levarse consigo
ós seres perdidos.
As vidas morren,
as mortes quedan,
perduran na eternidade,
e fan medralo medo, a dor.
Se se mira,
desprendese dela a esencia da morte
e comenza a verdadeira viaxe,
onde cadanseu leva o seu legado.
Percorre o derradeiro camiño,
levando consigo a historia dunha vida que remata.
É a penitencia a carón das ánimas rotas,
A morte eterna chega por fin.
susurros que medran na escuridade,
e entre as árbores,
ánimas mortas.
Lembranzas que brotan das raices,
medos que lembran males,
males que fan tremela terra,
camiños que te levan ó fin.
A derradeira viaxe avanza
cara ó esquencemento e a desesperanza,
e ten o poder de levarse consigo
ós seres perdidos.
As vidas morren,
as mortes quedan,
perduran na eternidade,
e fan medralo medo, a dor.
Se se mira,
desprendese dela a esencia da morte
e comenza a verdadeira viaxe,
onde cadanseu leva o seu legado.
Percorre o derradeiro camiño,
levando consigo a historia dunha vida que remata.
É a penitencia a carón das ánimas rotas,
A morte eterna chega por fin.