.

Unha volta e un poema Lyrics

Vai unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena
Vai un xantar, un xantar, unha conversa
Un pensamento, pensamento con talento
Vai o teu beixo, o teu beixo nun silencio
Unha palabra, a palabra desexada

E agora que sae o sol
o teu nome xa se ve
Agora que sae o sol
ti tamén es
Vai a esquecida, a esquecida e nomeada
Unha sentenza, a sentenza que ti f**as
Vai o teu dito, o teu dito cun sorriso
Unha quimera, a quimera dunha espera

Foi unha volta, unha volta e un poema
Unha cantiga, a cantiga dunha nena,
Vou despedirme, despedirme cunha flor
Vou despedirme, cunha flor de cor de ron.
Report lyrics
10.0 (2006)
Xente Cracovia Brest Unha volta e un poema Permafrost Lévame de aquí Vamosindo Sálgame Deneb Nosocomial Entropialxia