.

Pra a Habana Lyrics

Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.

María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.

Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!
¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca máis que a propria,
a iñorancia o consome.

¡Ánimo! ¡A quen se muda Dios o axuda!
¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés des que tornemos
o que medrano os robres!
¡E anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés des que tornemos
o que medrano os robres!

¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.

Mañán é o día grande, ¡á mar amigos!
i Mañán, Dios nos acoche!
¡No sembrante a alegría,
no corazón o esforzo,
i a campana harmoniosa da esperanza,
lonxe, tocando a morto!
Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van,

Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.

Tés, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.

E tés corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
Report lyrics
Rosas a Rosalia (1998)
Campanas de bastabales Paseniño, paseniño ¿Que pasa o redor de min? Corre o vento, o rio pasa Como chiove miudiño Pra a Habana Adivinase el dulce y perfumado Mayo longo Vamos bebendo Un repoludo gaiteiro A xusticia pola man Adiós rios, adiós fontes Cando era tempo Alguns din: ¡miña terra¡ Ya que de la esperanza ¿Que non xime? Airiños, aires Negra sombra