.

Na cama Lyrics

Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?! Pasa-la vida enteira tirado no sofá, perde-la noción da alarma que sonou deixar que o tempo pase deitado no colchón, da tua habitación sen madrugar prefires pensar que o tempo se detén mentres estés durmido irá todo mui ben sen ter que temer un curro que non gusta, chegar a fin de mes... Escravo do traballo teranche controlado... Pecado ter preguiza non queres traballar o teu profundo sono como modo de vida sen escoitar a bronca do teu xefe os berros dos pais, tanta pergunta atonta ás sete da maña e ti sen ganas só pides paz !. E ti sen ganas só pides paz !.
Nada que gañar todo por perder a man de obra sobra nas listas do INEM, podiamos pagar por ir pasalo ben ou non: e ti que cres ?!. E ti que cres ?!.
Sen ataduras, sen amarguras, sen aturar o malestar que dia a dia provoca no teu corpo o ter que erguerse xa !. Provoca no teu corpo o ter que erguerse xa!.
Co ben que estás na cama, da cruda realidade escapa, ca porta do cuarto pechada, mellor estar durmindo descansa que ser un morto en vida lacazán !.Na cama ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama, fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....E soñas noutros mundos e a noite xa pasou estás quentiño na cama e xa saiu o sol. Non é doado erguerse cando algo non che fai, ausente o aliciente persigues un fin, ficar fumado lendo os contos de Tintín. Perguntan por min ti dilles que non vou mamá estou magoado non poderei currar máis, aprécio o pracer de despreciar os cartos roncando a perna solta, soltando babas nas sabas serán as tres que ben safando das tarefas que queren impoñerte; tes medo a sair cedo da tua casa, para que che pregunten: estudas ou traballas !. Para que che pregunten: estudas ou traballas !.
Que cona fas rapaz, non queres facer nada admiras unha vida que s**a regalada sen as obrigas da monotonia laboral, manten-te firme como os zombies de Thriller bailando Michael Jackson ; os anos pasan a presa cas presas do traballo !. Os anos pasan a presa cas presas do traballo !.Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz, non queres facer nada ?!
Na cama ; fundido na almofada ! x3
Que cona fas rapaz....
Report lyrics
Em terra de ninguém (2009)
Antes de pequeno Fantasmas Dias distintos A rosa do deserto Dende a moninha África Irmandinho som Na cama Quedamos nesa praza Xisco Amigos ou colegas Lume na leira Pirata
Top Som do Galpom Lyrics